Descripción o resumen del libro: Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade. Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen polo feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal.
Deste xeito, cos pés no aire é unha lúcida e suxestiva parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima. Un libro que, coma o principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades. O libro, foi ilustrado por miguelanxo prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.
Tiempo estimado de lectura: 05H22M40S
Otras categorías, géneros o colecciones: Merlín Dixital
Formatos de lectura disponibles: OPF, DOCX, PDF, WORD, DOC, EPUB, TCR, KFX, HTMLZ, TXT. Comprimidos en AZW3, ZIP, TAR, RAR
Servidores de descarga: Apple iCloud, Dropbox, Amazon Drive, TitanFile, Microsoft OneDrive, JustBeamit, MediaFire