Descripción o resumen del libro: Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a guerra civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de agustín fernández paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: Como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha estraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; E da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicación de aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi 'Premio protagonista jove', outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas lista de honra do ibby e do white ravens da biblioteca de munich, agustín fernández paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.
Tiempo estimado de lectura: 10H13M04S
Otras categorías, géneros o colecciones: Fóra de Xogo
Formatos de lectura disponibles: WORD, EPUB, PDF, DOC, HTM, FB2, DOCX, TXT. Comprimidos en LZMA2, 7z, ZIPX, ZIP, PPMd, RAR
Servidores de descarga: ThePirateBay, MediaFire, Dropbox, Krakenfiles, Apple iCloud, IsoHunt, Yandex.Disk, WeTransfer, Torrent