Descripción o resumen del libro: Resistencia, a obra que constitúe o debut de rosa aneiros en xerais narrativa, percorre a historia política e social de portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século xx. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais dinís e filipa artéllase un percorrido centrado na represión exercida en portugal durante as dictaduras de salazar e marcelo caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; Un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de dinís un obreiro da fábrica de vidro irmáns stephen e filipa filla dun rico comerciante de coimbra. Dinís e filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O pinhal do rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron portugal ata a revolución dos caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: A resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.
Tiempo estimado de lectura: 15H47M28S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: EPUB, DOCX, PDF, DOC, TXT, RB, WORD. Comprimidos en RAR, 7z, ZIP
Servidores de descarga: WeTransfer, MEGA, Megaup, IsoHunt, RARBG, Google Drive, Torrent, Yandex.Disk, MediaFire, ThePirateBay