Descripción o resumen del libro: Mamá, volvo á casa. Xa. ' así lle escribe leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de barcelona. A saia de tule de praga. O piso do trastévere. O gran canal de venecia. O incendio da alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de eminonu. A mirada triste de zerdali na capadocia. As cobras da praza djema- El- Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote leo a. Pero esta madrugada do 11 de maio a leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos que fará leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino? Terminal de chegadas é a terceira e última entrega da triloxía ámote leo a. Logo de destino xalundes e estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: Regresará leo algún día?
Tiempo estimado de lectura: 17H10M24S
Otras categorías, géneros o colecciones: Fóra de Xogo
Formatos de lectura disponibles: EPUB, TXT, PDF, DOCX, DOC, WORD, PPTX, HTMLZ. Comprimidos en ZIP, AZW, RAR, ACE
Servidores de descarga: Yandex.Disk, Torrent, WeTransfer, Apple iCloud, Microsoft OneDrive, Google Drive, ownCloud