Descripción o resumen del libro: O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro hudson da royal air force estrelouse na serra de pena, á altura do marco número 125 da fronteira con portugal, entre o concello galego de calvos de randín e a vila portuguesa de montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do reino unido en madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da raia seca galego- Barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da segunda guerra mundial. Nesta orixinalísima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, garcía mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.
Tiempo estimado de lectura: 08H07M12S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: DOCX, PDF, WORD, DOC, EPUB, FB2, TXT, PDB. Comprimidos en LZMA, OEB, BZip2, ZIP, RAR, ODT
Servidores de descarga: SendMyWay, Dropbox, Apple iCloud, FileFactory, Amazon Drive, Microsoft OneDrive, KickAssTorents, Volafile, Box, Torrent