Descripción o resumen del libro: Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da división azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo. Coa axuda da súa nai, o escritor inicia un proceso de investigación e de recuperación da memoria que o leva desde a habana da emigración galega ata a fronte do río volchov e o cerco de leningrado, atravesando a europa sacudida pola ii guerra mundial. Catro voces van debullando un conxunto de historias entretecidas, que son protagonizadas por unha galería de personaxes entre os que destacan alfredo, o autor das cartas; A súa nai maría luísa; Os membros do pelotón do que el forma parte; Cidadáns rusos atrapados pola crueldade da guerra; Nenos, exiliados republicanos; Xudeus e soldados alemáns que son testemuñas da viaxe da división cara á fronte do leste. Coa ribeira do miño como centro e un mundo convulso como escenario, fernández naval constrúe en a noite branca unha narración emocionante, intensa, que lle permite recobrar personaxes e xeografías da súa primeira novela o bosque das antas (Premio xerais 1988). A noite branca é unha novela de gran calado, de lectura seductora e decisiva na traxectoria literaria de fernández naval.
Tiempo estimado de lectura: 22H18M08S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: CBR, KFX, TIFF, JPG, DOC, BMP, EPUB, PDF, DOCX, TXT, WORD. Comprimidos en ZIP, TXTz, RAR, ODT, BZip2
Servidores de descarga: Demonoid, Torrent, Toorgle, LetsUpload, Apple iCloud, JustBeamit, Google Drive, MediaFire, Amazon Drive