Descripción o resumen del libro: Rosalía de castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da galicia contemporánea, logo redimensionadas en follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a real academia galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa
publicación, para instaurar o día das letras galegas. Anxo angueira, profesor da universidade de vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre méndez ferrín (A espiral no espello. Bretaña, esmeraldina e o sistema literario galego) vén centrando as súas investigacións no rexurdimento (Rosalía de castro, curros enríquez e fernández morales) e nas súas orixes (O padre sarmiento). Esta edición de cantares gallegos ofrece, ademais un longo estudo introdutorio.
Tiempo estimado de lectura: 15H32M
Otras categorías, géneros o colecciones: Clásicos - Dixital
Formatos de lectura disponibles: PDF, DOCX, WORD, LIT, TXT, EPUB, HTML, CBR, DOC. Comprimidos en DjVu, RAR, 7z, ZIP
Servidores de descarga: Yandex.Disk, MEGA, Uploaded, pCloud, WeTransfer, Hornetdrive, Microsoft OneDrive, MediaFire, Amazon Drive