Descripción o resumen del libro: Saínza combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a bbc, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, dende o conflito é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser. Dende o conflito rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o congo a irak, desde etiopía a afganistán, desde sri lanka a haití, pero tamén a berlín, barcelona, compostela e vilalba, que son os lugares onde saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca. E é que dende o conflito é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.
Tiempo estimado de lectura: 14H16M16S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: DOCX, DOC, TXT, PDF, EPUB, TCR, WORD, PNG, MOBI, AZW. Comprimidos en MobiPocket, ZIP, TXTz, LZMA2, RAR
Servidores de descarga: Amazon Drive, DropSend, Microsoft OneDrive, Torrent, Google Drive, Krakenfiles, MediaFire