Descripción o resumen del libro: De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista bieito sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: Correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo. Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un bieito sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo. Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos. De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; Unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.
Tiempo estimado de lectura: 10H40M48S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: EPUB, DOCX, TXT, PDF, JPEG, WORD, DOC. Comprimidos en RAR, ODT, ZIP
Servidores de descarga: LimeTorrents, TransferBigFiles, AnonFiles, Bitrix24, Google Drive, Torrent, MediaFire, MEGA, WeTransfer