Descripción o resumen del libro: Casiano cendán rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por áfrica converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da coca- Cola até a traizón da transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade... Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de papá noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador. As vidas de nito é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora.
Tiempo estimado de lectura: 13H20M32S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: EPUB, CBR, WORD, PNG, DOCX, TXT, PDF, AZW3, SNB, DOC. Comprimidos en RAR, ACE, ZIP
Servidores de descarga: SendMyWay, Box, WeTransfer, Dropbox, MediaFire, MejorTorrent, Google Drive, Torrent, SendSpace