Descripción o resumen del libro: De entre todas as cidades galegas é ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde a1varez de nóvoa, desde herac1io pérez placer, desde va1entín lamas carvajal, a cidade das burgas transita a blanco amor, a carlos casares, a martínez oca, a manuel guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con 'O bosque das antas', f. X. Fernández naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con parís, con nova york, con buenos aires, con leningrado. Este será un ourense aberto a oira (O paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, fernández naval incide nun tema recurrente e cada vez máissolicitado da nosa narrativa contemporánea: O dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan 'O bosque das antas' con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. Dono do seu relato, fernández naval non permite que os eventos se lle alporicen. Controla, domina as causas; Refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; É señor do seu discurso. Con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. Obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que estarían ordeadas en outros contextos algodonosos. Asimesmo, esta novela ten o acerto de ter moitos elementos novelescos, e sobranceando a todos a figura de pierre francesco, que figurará na galería dos nosos mellores personaxes de ficción.
Tiempo estimado de lectura: 08H24M08S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: EPUB, AZW, TXT, LRF, DOC, WORD, PDB, PDF, DjVu, DOCX, AEH. Comprimidos en ODT, ZIP, ZIPX, TAR, LZMA, RAR
Servidores de descarga: Uptobox, MEGA, Apple iCloud, MediaFire, Gdrive, Torrent, Amazon Drive