Descripción o resumen del libro: Un mociño inglés do século xviii vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e mais os seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, bótanse ao mar tras o engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no mapa. As peripecias de jim hawkins, do capitán smollet, de john silver o longo e do resto dos tripulantes da hispaniola significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente john silver, amosa a característica preocupación de robert louis stevenson pola ambigüidade moral das persoas, a illa do tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.
Tiempo estimado de lectura: 15H10M
Otras categorías, géneros o colecciones: Fóra de Xogo
Formatos de lectura disponibles: EPUB, WORD, PDF, TXT, DOCX, DOC, LIT. Comprimidos en PPMd, LRF, RAR, ZIP
Servidores de descarga: FileTransfer.io, Ivoox, JumpShare, Files Anywhere, WeTransfer, MediaFire, Google Drive, Torrent, Pixeldrain, Apple iCloud