Descripción o resumen del libro: Un encarapuchado asasinou de tres disparos a mario dacosta, parlamentario do bloque nacionalista galego, cando saía da reunión do consello nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, óscar quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do hotel congreso de santiago de compostela. Segundo fontes da delegación do goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo renault clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora. O presidente en funcións da xunta de galiza, felipe méndez tarrío, cualificou o suceso de atentado contra a democracia. O vicepresidente óscar quiroga, amosouse conmocionado e afirmou que galiza saberá estar á altura das circunstancias ante un asasinato que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas
galegos. Fernando xelmírez, secretario xeral upg, partido integrado no bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a dacosta de camarada insubstituible e extraordinario patriota galego. Horas antes do crime, óscar quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao partido popular en detrimento do bipartito formado por psdg- Psoe e bng. Alberto cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do bng o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.
Tiempo estimado de lectura: 16H05M04S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: WORD, TCR, TXT, DOC, DOCX, PDF, EPUB. Comprimidos en RAR, ZIP, PPMd
Servidores de descarga: Apple iCloud, WeTransfer, MediaFire, FileFactory, MEGA, FileTransfer.io, CloudMe, Chomikuj, Dropbox