Descripción o resumen del libro: Tiña dezaoito anos e estaba a piques de comezar o primeiro curso na facultade de belas artes cando entrou como bolseiro educador na escola fogar do centro de acollida de menores cidade infantil afonso x. Naquel ambiente de aire decadente e escuro, envelenado polo cheiro da fábrica monstruosa, ocorreu o incidente do que aparentemente non houbo testemuñas. Deixándose levar polas dores da migraña, o educador rememora o horizonte daquel suceso tráxico que lle deixará marcas perturbadoras capaces de variar o seu rumbo.