Descripción o resumen del libro: Feminismos, de olga castro e maría reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, belén martín lucas, da man de castro e reimóndez coñecemos 'O traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde galicia a xapón, pasando polas repúblicas da antiga unión soviética, china, india ou áfrica subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos'. Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en galicia, a profesora belén martín lucas conclúe asegurando que 'As reflexións de castro e reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (Europeo e norteamericano case sen excepción)'.
Tiempo estimado de lectura: 19H34M08S
Otras categorías, géneros o colecciones: Ensaio Dixital
Formatos de lectura disponibles: PDF, EPUB, DOCX, WORD, DOC, TXT, SNB. Comprimidos en OEB, ZIP, RAR
Servidores de descarga: MEGA, Hightail, Amazon Drive, Microsoft OneDrive, WeTransfer, File Request Pro, Torrent, SugarSync, TitanFile