Descripción o resumen del libro: Continuando no ronsel de pensa nao, esta nova novela de anxo angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola arousa e as súas remontadas polo ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados. Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do ulla e mais da arousa. Concibida e escrita sen concesións, iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en manoel antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.
Tiempo estimado de lectura: 14H01M52S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: DOCX, TXT, MOBI, PDF, PML, PDB, WORD, DOC, EPUB. Comprimidos en AZW3, RAR, ZIP
Servidores de descarga: Dropbox, MediaFire, Google Drive, TitanFile, Microsoft OneDrive, TransferBigFiles, WeTransfer