Descripción o resumen del libro: Cando xosé carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa república do salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista aquiles vega e da profesora sofía deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: Unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que
en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é adriano... Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, os fillos do mar, regresa pedro feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: Ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.
Tiempo estimado de lectura: 05H30M
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: DOCX, TXT, DOC, EPUB, ODT, FB2, PDF, WORD, AEH. Comprimidos en ZIP, TXTz, RAR, PRC
Servidores de descarga: Google Drive, Amazon Drive, SugarSync, Pixeldrain, Syncthing, ADrive, Apple iCloud, WeTransfer, Dropbox