Descripción o resumen del libro: A libraría terranova é un lugar diferente no planeta terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia ('O meu corpo é un manifesto!'), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o imperio do baleiro. Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de ítaca entre europa e américa, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as 'Botellas ao mar' do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de terranova en tempos da chamada transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, bos aires, madrid, parís, lisboa... Xunto ao pulmón de aceiro, a cámara estenopeica, a terra escondida, a memoria profunda, o faro e a liña do horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría terranova. O último día de terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.
Tiempo estimado de lectura: 06H20M48S
Otras categorías, géneros o colecciones: Narrativa Dixital
Formatos de lectura disponibles: PDF, EPUB, DjVu, DOCX, WORD, DOC, RTF, TCR, TXT. Comprimidos en RAR, ZIP, LZMA2
Servidores de descarga: Amazon Drive, MediaFire, Microsoft OneDrive, ownCloud, SendThisFile, Apple iCloud, Uploaded, WeTransfer